Bombus terrestris lusitanicus (Krüger 1956)

Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia APOIDEA/ANTHOPHILA (=»APIFORMES»)/Familia APIDAE (Apis + Bombus)/Subamilia Apinae/Género Bombus Latreille, 1802/Bombus terrestris/Bombus terrestris lusitanicus Krüger 1956

Abellón grande no que a femia que hibernou como adulta sae na primavera. Cria nun oco do chan  ao principio soa e logo axudada por obreiras. Non axuda moito á polinización porque moitas veces(como se pode ver na primeira foto furando Mirabilis jalapa) fura na base da flor para chuchar o néctar e non toca nos órgaos sexuais.

 

 

A pesares do apelido lusitanicus pódese atopar en toda a península ibérica. As dúas fotografías están feitas no mes de setembro de 2016 en Guitiriz.

A picadura (non é especialmente agresivo) pode ser múltiple porque o ferrete non fica preso como nas abellas. Deita un bocadiño de veneno pero fora de si quen a recebe é moi susceptible non fai mais dano que un pequeno habón derredor.

 

 

Identificado en Biodiversidade virtual

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.