Ancistrocerus nigricornis (Curtis 1826)

Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orde Hymenoptera/Suborde APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia VESPOIDEA/Familia VESPIDAE/Subfamilia Eumeninae/Ancistrocerus

Pequena avespa alfareira solitaria. As femias, de maior tamaño que os machos, pódense ver durante gran parte do ano e hibernan como adultos. Os machos aparecen arredor de xuño e morren pouco despois da cópula. Alimentnse de néctar e zume de umbelíferas como anxélica e neste caso Smirnium olusatrum.

Fai o niño con barro, en madeira, talos ocos ou mesmo en silvas e deposita un ovo en cada cela xunto con eirugas de pequenas couzas.

 

 

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.