Bembix tarsata (Latreille, 1809)

Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orde Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia APOIDEA/”SPHECIFORMES”/Familia CRABRONIDAE/Subfamilia Bembicinae/Tribu Bembicini/Xénero Bembix Fabricius, 1775/

É unha avespa excavadora (“mineira”) das que fai un furado para por os ovos e criar ás larvas ás que alimenta a femia levándolle presas, mais ben grande e grosa, de grandes ollos verde-claro da mitade para abaixo e obscuros cara riba. Moi parecida a Bembix rostrata que tamén é das que gosta de terreos areosos (psamófila) pero as antenas de funículos completamente negros indican Bembix tarsata. Esta tiña terreo areoso perto (camiños) e o niño nunha antiga barreira, derredor piñeirais, vaxetación de ribeira e até carballos nos valados das fincas próximas.
A primeira foto está feita en Cualedro en xulio de 2016, a segunda é de agosto de 2017 e a de baixo de setembro de 2017, en Guitiriz.
Identificada en Biodiversidad virtual.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.